Do libro Cantares Gallegos:
Do libro Follas Novas
Do libro En las orillas del Sar
Reclaman que as medidas correctoras previstas na mellora da estrada polo Servizo de Cultura de Lugo se fagan públicas.
Animan a que se tomen medidas para conquerir a demolición da praza de formigón do lugar.
Ante a resposta mediática que tivo a denuncia de ADEGA e Lugopatrimonio con respecto ao proxecto de mellora da estrada de Torés, ambos colectivos vense obrigados a clarexar malas interpretacións que se fixeron dos seus comunicados. ADEGA e Lugopatrimonio reiteran que non se opoñen á mellora da estrada, senón a unha intervención agresiva tanto para a paisaxe como para a contorna dos bens patrimoniais inmediatos ao seu trazado. Estes bens non son só dos veciños da zona, senón que é un patrimonio e unha riqueza común que eles e as institucións deberían ser os primeiros interesados en defender e coidar.
Proba do que dicimos é que no escrito dirixido á Deputación de Lugo facíanse suxestións para a súa mellora substituíndo os terrapléns por muros de cantería, ampliando o ancho en máis dun metro por cada marxe sen modificar o trazado, de xeito que se obtivera o mesmo servizo ao par que se melloraría a integración da estrada no núcleo urbano.
Satisfainos que finalmente se teñan previstas medidas correctoras polo Servizo de Cultura de Lugo, pero cremos necesario que se fagan públicas para que todos e todas poidamos avaliar a súa relevancia e estar atentos ao seu estrito cumprimento.
Tamén consideramos positivo que os veciños se dean conta agora do espantallo que no seu día se fixo como praza do pobo, posiblemente con fondos públicos, sen o preceptivo informe de Cultura, e sen licenza municipal. Lugo Patrimonio é unha asociación que se constituíu en abril de 2006, moitos anos despois de terse feito a obra, e xa que logo non tivo oportunidade de denunciala. E ADEGA, daquela estaba comezando a artellar unha delegación na provincia de Lugo que tivera capacidade de actuación.
Nembargante, o feito de que no seu día o Concello das Nogais fose permisivo coa citada obra, vulnerando a legalidade, non pode ser escusa para que a Deputación deixe de cumprir escrupulosamente con todos os trámites que se requiren por lei para este tipo de obras.
No entanto animamos á Asociación de Veciños, ao Concello das Nogais e a Consellería de Cultura, a que tomen as medidas conducentes para demolela, recuperando o primitivo estado, e mellorando así a contorna da igrexa e do castelo.
Esperamos que este debate entre as asociacións proteccionistas e os veciños e veciñas de Torés, sirva para dar a coñecer o rico Patrimonio cultural e paisaxístico de Torés, que axude a conservalo e a evitar que desapareza. E alentamos ás institucións a que tomen as medidas pertinentes para, ao menos, consolidalo e que o seu deficiente estado de conservación non sirva como escusa para permitir impactos ociosos.
En etapas sucesivas iremos subindo as fotos da viaxe a Exipto realizada o pasado mes de febreiro. Nesta primeira parte, que consta de 150 fotos, visitamos os seguintes puntos de interese:
Sorprende que despois de 36 anos aparezan voces e prácticas que intentan levar un tesouro que xa é lugués e galego desde aquela, fóra do lugar que o grande mecenas don Álvaro Gil elixiu no seu momento en proba de amor ao noso país, á súa cultura e ao acervo cultural que herdabamos dos nosos devanceiros. Un camiño que se tripa durante tantos anos acaba por se definir como colectivo. Seríamos quen neste momento de levar a nosa Muralla para New York, ou mandar a nosa catedral para Pontevedra? Aparte das diferenzas construtivas deste patrimonio, o que os une está precisamente no herdo colectivo que para a nosa cultura propia, galega, representan, pois tamén a xente forma parte do seu ser e dálle a propia nacionalidade ou carácter local.
As novas xeracións edúcanse hoxe na cultura material que ofrece este grande museo ao que Álvaro Gil lle deu sangue e vida, e sen este tesouro castrexo e doutras épocas anteriores e posteriores, non é o mesmo a visión que as xeracións poidan ter do pasado. Nen é o mesmo que as xentes de todo o mundo que nos veñen visitar, contemplen ou non as xoias colectivas na terra onde se descubriron, anónimas elas e xa de herdanza colectiva desde a súa aparición.
LugoPatrimonio apoia con contundencia ao noso Museo provincial de Lugo como lugar incuestionábel para continuar como escaparate de luxo deste tesouro, e lembra que mantelo en vivo como se mantivo durante tantos anos tamén custou cartos e esforzos que foron de todos nós, daqueles e daquelas que contribuímos á súa constante exposición e coidado. Non pode ser, polo tanto, o criterio económico a forza para a retirada das pezas, pois rompería o carácter de mecenado que o seu posuidor lle deu. As obras grandes son de homes e mulleres grandes. As pezas castrexas, dos castrexos, e os herdeiros somos todos e todas nós. Que Lugo siga a sentir o orgullo de posuír un escaparate de ouro, e que a memoria de don Álvaro Gil siga mantendo o mecenado.
Lugo, a 9 de febreiro do 2010
O Presidente de LugoPatrimonio
Asdo.: Lois Diéguez
Pedimos con firmeza que o grande dinamizador da cultura e economía de Grandas, Pepe el Ferreiro, sexa renovado na dirección dese Museo etonográfico, pois é obra del e daqueles e aquelas que co seu traballo construíron esa marabilla que animou a propia economía da zona. Ninguén entendería hoxe esa fermosa vila sen o seu museo. Volvería, nese caso, ao silencio e á despersonalización.
Coa forza da xustiza e do futuro, LugoPatrimonio quere deixar constancia diante de quen comete a inxustiza e a barbarie, que unha xoia sempre se mostra con orgullo, pois ten valor, beleza e brillo, e non se comprende que recoñocida como tal polo noso pobo, sexa botada da mina onde se formou. Pepe el Ferreiro ten que volver aínda con máis forza á esa obra magnificamente creada.
Lugo, a 3 de febreiro do 2010-02-04
O Presidente de LugoPatrimonio
Asdo.: Lois Diéguez
A modificación da estrada “Armesto-Torés-As Nogais” proxectada pola Deputación de Lugo afecta á contorna de dúas zonas de Rede Natura e poderían acelerar o derrube da Torre do Castelo de Torés.
Os colectivos denunciantes instan á Xunta e á Deputación de Lugo a impedir as obras mentres non se avalíe o seu impacto ambiental e patrimonial.
Lugo, a 25 de xaneiro de 2010.-
ADEGA e Lugo Patrimonio presentan alegacións ante a Xunta e a Deputación de Lugo contra a modificación do trazado da estrada existente entre os núcleos de Armesto ata a vila das Nogais, atravesando o Val de Torés. Por unha banda, aseguran que a modificación do trazado é innecesaria polo baixo número de vehículos que circulan diariamente pola estrada actual e porque esta xa permite o paso de vehículos articulados de grande tonelaxe. Ademais hai que ter en conta a competencia en comodidade, seguridade, número de quilómetros e aforro de tempo que xa ofrecen outras estradas de alta capacidade que comunican as dúas vilas, como a Autovía A-6 ou a Nacional VI.
Por outra banda, estes colectivos denuncian que o proxecto prevé crear unha plataforma de entulleiras e terrapléns de máis de 2 quilómetros de longo por máis de 15 metros de ancho a través dunha paisaxe natural, cultural e xeomorfolóxica única en Galicia, que corresponde ao Val de Torés.
No tocante ás afeccións ambientais, as obras carecen de avaliación de impacto ambiental e do oportuno informe favorable da Consellaría de Medio Ambiente, por afectar á contorna de dous espazos de Rede Natura, o LIC Ancares-Courel e o LIC Agüeira-Cruzul, tal e como obrigan a Lei de Avaliación de Impacto e a a Lei do Patrimonio Natual e da Biodiversidade.
Copia o seguinte texto, ou descárgao en formato word premendo AQUÍ, cúbreo e envíao a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Para facermos seguimento podes enviar copia a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
Fermosa e atractiva cidade, mesmo nos grises do frío, e máis aínda se a vemos, como así pasou, con ese guía de fantasía que é Felipe-Senén López , o coñecedor máis profundo da xeografía do noso país, e do que tiñan que aprender bastante todos os nosos embaixadores, sobre todo os romanos. A cidade presentóusenos, pois, nos grises da beleza, no encanto das súas xentes e nese inmenso e nunca superado monumento formado pola Cidade Vella. Pero tamén topamos coa cidade dos desclasados gobernantes, esa cidade que comeza con aquela doma e castra dos chamados reis Católicos, cando crean a Real Audiencia, e cando se van montando posteriormente eses organismos militares que chegan a mudar, mesmo, os nomes propios e populares, a topografía e a configuración urbanística. Nótase isto no paseo, e chama a atención a ausencia do idioma propio, do galego, como se houbese unha programación para que A Coruña non se sinta galega e esqueza os seus símbolos e a súa historia. A política do cemento estoupa sobre os sufridos rochedos esmagados, e esas obras millonarias feitas tan só para que os nomes dos que se cren deuses perduren, sexan edificios, mobiliario urbano (a afronta violentísima deses farois enormes que chocan cos ollos) ou símbolos alleos á cultura de raíz. Así que o paseo foi instrutivo ao respecto, e as fotos que poñemos aquí mostran a variedade de formas e de programacións, de ideas, de prexuízos e fachendas. E, sobre todo, que A Coruña, a pesar dos poderosos destrutores, estoupa máis fermosa cando mostra as raíces creadas pola súa historia.
![]() |
20100116_A_Corunha |
Aspectos orixinais e diferentes dos habituais que se din da Coruña, a cruña, o corno, a coroa... como a definiu o eminente conferenciante e investigador da nosa historia e orixes, Felipe-Senén. Cativou a xente que acudiu durante máis dunha hora coas historias, lendas e investigacións propias sobre unha cidade que aínda hoxe, despois de polémicas incomprensíbeis, segue sen ser coñecida polos seus gobernantes, de aí a manipulación con que xogan para proveito exclusivo e persoal. Proba disto é o esquezo e desinterese en que se mantén o caso antigo, o corazón, logo, da Coruña. O próximo sábado veremos con Felipe-Senén, a pé, como é de rigor nos viaxeiros, as pedras e os contos, o positivo e negativo que mantén con gloria ou desacerto esta fermosísima cidade galega.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.